Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de xuño de 2003 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 1 de Lugo.

Tendo en conta o artigo 3 punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Código do centro: 27006516.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 1 de Lugo.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Politécnico de Lugo.