Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003 pola que se convocan os Premios de Investigación González Llanos, Concepción Arenal, Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero.

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña convocan estes premios co fin de apoiar e impulsa-los labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial nas áreas de enxeñería naval, humanidades, enxeñería industrial e nas áreas de saúde e relacións laborais respectivamente. Estes premios terán carácter bianual; convócanse para os anos pares os Premios de Investigación González Llanos de Enxeñería Naval e Concepción Arenal de Humanidades e para os anos impares os Premios de Investigación Enxeñeiro Comerma de Enxeñería Industrial e Antonio Usero das áreas de saúde e relacións laborais (neste último alternándose entre si). Tódolos premios están dotados con 12.020,24 euros e o prazo de presentación de solicitudes antes do 15 de setembro do ano correspondente a cada convocatoria. Máis información: http://www.cdf.udc.es. Tfno.: 981 33 74 00, ext.: 3800.

Ferrol, 21 de maio de 2003.

Manuel José Recuero Astray

Vicerrector do Campus de Ferrol