Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións que se citan.

Expediente nº 8/2003.

Obxecto: equipo de cromatografía líquida de alta resolución.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: 57.000 euros, IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

Expediente nº 12/2003.

Obxecto: sistema de análise de imaxes e detección de proteínas e ácidos nucleicos.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: 35.000 euros, IVE incluído.

Prazo de entrega: 1 mes.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número: -. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías: provisionais: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas. Definitivas: 4% dos importes de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Páxina web onde se poden atopa-los pregos e demais información: http://www.uvigo.es/servicios/contratacion.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado-edificio anexo r/ Oporto, nº 1-planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo, 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase ó seguinte día hábil. e) Hora: 13.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

10. Páxina web onde se pode atopa-los pregos e demais información:

http://www.uvigo.es/servicios/contratacion

Vigo, 18 de xuño de 2003.

P.D. (Resolución 15-5-2003)

Augusto Viso Alonso

Xerente