Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos neste complexo hospitalario (C.P. 8/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, e en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, nº 52, 32005 Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: C.P. 8/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos no Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Data de publicación: Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Canon mínimo anual de licitación por máquina instalada: 720 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 19 de maio de 2003.

b) Adxudicatario: Orvending, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe total canon: 28.152 A anuais (1.224 A/ano por máquina instalada).

e) Período de execución do contrato: 4 anos.

Ourense, 21 de maio de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense