Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización en centros deste complexo hospitalario (Hospital Santa María Nai e Hospital de Piñor) (C.P. 2/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, e en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda dar publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, nº 52, 32005 Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: C.P. 2/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de almorzos e merendas para unidades de hospitalización en centros do Complexo Hospitalario de Ourense (Hospital Santa María Nai e Hospital de Piñor).

b) Data de publicación: Diario Oficial de Galicia do 4 de marzo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 335.000 A (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 15 de maio de 2003.

b) Adxudicatario: Sodexho España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 334.414,38 A, IVE incluído, distribuído da forma seguinte:

Lote 1. Almorzos e merendas para unidades de hospitalización e servicio de almorzos a persoal de quirófano do Hospital Santa María Nai: 196.852,18 A.

Lote 2. Almorzos e merendas para unidades de hospitalización e manutención do persoal de garda do Hospital de Piñor: 137.562,20 A.

e) Período de execución do contrato: 2 anos.

Ourense, 19 de maio de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense