Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, con procedemento aberto, para a contratación da subministración de material informático con destino ó Fondo Galego de Garantía Agraria.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Dependencia tramitadora: Secretaría do Fogga.

Número de expediente: concurso 2/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de material informático.

b) Lugar de entrega: nas dependencias administrativas do órgano de contratación, en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o que aquel lle indique ó adxudicatario.

c) Prazo de entrega: 15 días desde a constitución da garantía definitiva.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 68.000 euros.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación:

Entidade: Fogga.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n.

Código postal e localidade: 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 79.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas:

Data límite: o prazo de presentación finalizará ás 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na contratación.

Lugar de presentación: no rexistro do Fogga, sito na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela (CP 15781). Tamén poderán achegarse as proposicións por correo, do xeito previsto no artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses.

Variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas:

Entidade: Fogga, realizándose o acto público na sala de xuntas deste.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.

Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, caso no que sería o seguinte día hábil.

Hora: ás 13.00 horas.

9. Documentación de interese para os solicitantes:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no rexistro do Fogga (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio:

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web na que figura a información sobre a convocatoria e na que poden obterse os pregos:

http://www.xunta.es/ contratación.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Fondo Galego de Garantía Agraria