Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 20 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de concesión de axudas de renda para o inicio da actividade do expediente administrativo FM 341D 2002/560-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas de renda para o inicio de actividade do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 5-4-2002 (DOG nº 72) publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 341D 2002/560-5.

Orde de convocatoria: 5 de abril de 2002 (DOG nº 72).

Interesado: Mª del Carmen Pazos Boullosa.

Enderezo: Eduardo Pondal, 22 -36002 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 29-11-2002, ó abeiro da Orde do 5-4-2002.

Parte dispositiva da resolución:

«ACORDA

1. Conceder a Mª del Carmen Pazos Boullosa a axuda para o emprego autónomo na contía e polo concepto que a seguir se indica:

-Subvención en concepto da renda para o inicio de actividade por un importe de 4.808,00 euros.

2. O pagamento desta axuda ou subvención queda condicionado á presentación por parte da beneficiaria, por duplicado exemplar e un deles orixinal ou fotocopia compulsada, no prazo de dez días hábiles contados desde a notificación da presente, da seguinte documentación:

-Facturas do orzamento presentado (seladas e asinadas).

-Certificado de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificado de atoparse ó día nos pagamentos á Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa admón. pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración complementaria e actualizada de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este proxecto ou, de se-lo caso, declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (artigo 7).

De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado, procederase, segundo o caso, á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigos 9 e 10 e base sétima do anexo B da orde de convocatoria).

3. Así mesmo, lémbraselle á/ó beneficiaria/o do necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación, recollidas no artigo 8 da orde de convocatoria.

Notifiquese esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin a vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 29 de novembro de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes están no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 20 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra