Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/75-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Iberdrola Distribución Eléctrica, S.A.U.

Domicilio social: C. Gardoqui, 8-6º F, 48008 Bilbao.

Denominación: reforma subestación eléctrica San Cristovo.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Descricións técnicas: reforma da subestación eléctrica de San Cristovo, da que a configuración final será a seguinte: a) Sistema de 132 kV en intemperie e simple barra composta por 2 posicións de liña (liña Trives e liña Serra do Burgo), 1 transformador de potencia, módulo compacto PASS MO DE ABB con tódalas funcións integradas; transformador de potencia trifásico 132/6,6 kV, transformador de potencia trifásico 20/6,6 kV. b) Sistema de 20 kV tipo interior, esquema simple barra, con 2 celas de liña, 2 celas de medida, 1 cela de trafo de potencia e 1 cela de transformador de servicios auxiliares. c) Sistema de 6,6 kV procedente da central hidráulica, tipo interior e simple barra. 2 trafos de 100 kVA c.u.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados

a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 29 de abril de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense