Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Danigal Vidrio, S.L.
Domicilio social: pol. industrial de Pazos, 32000 Verín.
Denominación: C.T. para planta clasificadora de vidro.
Situación: polígono de Pazos (Verín).
Descricións técnicas: centro de transformación tipo interior en edificio prefabricado, con transformador de 630 kVA e R/T 20.000/380-220 V, está alimentado por acometida subterránea (expediente 03/037) en conductor tipo R.H.Z.1 12/20 kV de 350 m derivada do C.T. polígono de Pazos (32CL64).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Ourense, 29 de abril de 2003.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense