Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. e R.B.T. na praia do Torno.
Situación: Cervo.
Descricións técnicas:
-L.M.T. subterránea a 20 kV con orixe en C.T. Augas e final en C.T. Florida con lonxitude de 425 m conductor tipo R.H.Z.
-L.B.T. subterránea con 27 m de lonxitude conductor tipo R.V.
-L.B.T. aérea con 70 m de lonxitude conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 23 de abril de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo