Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/202-2, 5776 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. subt. pistas atletismo As Pedreiras.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas:

-L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 436 m, conductor tipo LA-110 con orixe en L.M.T. D-C Lugo-O Corgo e final no seu apoio nº 2.

-L.M.T. subt. a 20 kV con lonxitude 96 m conductor tipo R.H.Z.

-C.T. de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

-R.B.T. subt. conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 22 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo