Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.397

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (1000005/2003).

Eu, María Mercedes Martín Olivera, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Muros, fago saber que neste xulgado e co nº 1000005/2003 se segue por instancia de Aurelio Suárez Outón expediente para a declaración de falecemento de Manuela Outón Martínez, natural de Cures (Outes), nacida o 26 de decembro de 1902, filla de Avelino e María, e Ramiro Outón Martínez, natural de Cures (Outes), nado o 22 de marzo de 1906, fillo de Avelino e María, que se ausentaron do seu último domicilio en Cures, e dos que non se teñen noticias desde 1902, cando emigraron a América, ignorándose o seu paradoiro. O que se fai público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelas en coñecemento do xulgado e ser oídos.

Dado en Muros o sete de abril de dous mil tres.

A xuíza

Rubricado

O/a secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN