Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.397

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de citación (249/2003).

Procedemento: proposta adopción número 249/2003-SU.

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 249/2003, se acordou a citación de María Belén Espiñeira Villar, mediante publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 249/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a María Belén Espiñeira Villar, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 27 de xuño ás 9.45 horas, compareza neste xulgado para práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar,

recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

Na Coruña o 27 de maio de 2003.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido o presente edicto que asino na Coruña o vintesete de maio de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE MUROS