Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.397

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación, a Álvaro Barreiro García (praza 93/048).

En execución da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 6 de maio de 1998, recaída no recurso contencioso-administrativo número 01/0000321/1995 contra resolución desta universidade de data 8 de febreiro de 1995, relativa ó concurso para a provisión da praza nº 93/048, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu con data 15 de marzo de 1999, nomear profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación desta universidade, a Álvaro Barreiro García.

A Coruña, 5 de xuño de 2003.

José Luís Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña