Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.397

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (8/2003).

Eu, Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que na executoria de faltas 8/2003 se dictou este auto, o cal na súa parte dispositiva di:

DISPOÑO:

Que procede declarar a Julio Turnes Martínez insolvente penal na causa de que procede esta executoria, substituíndo a pena de vinte días de multa con cota diaria de 300 ptas. pola pena de dez días de privación de liberdade, que deberá cumprir en establecemento penitenciario.

Requírase o condenado para que de forma inmediata manifeste se opta polo cumprimento da pena de quince días de arresto continuado ou solicita que esta sexa substituída pola de arrestos de fins de semana, entendéndose que, no caso de non formular manifestación, se procederá ó cumprimento da pena de arresto continuado.

Fágaselle saber que se poderá liberar da pena substitutiva imposta mediante o ingreso no prazo dun día da cantidade obxecto de execución na conta aberta a favor deste xulgado en Banesto 1575-0000-78-79/02, e que o deberá acreditar ante este tribunal mediante a presentación do correspondente xustificante de ingreso.

E para que conste e lle sirva de notificación e requirimento en forma a Julio Turnes Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Padrón o vintesete de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO

UN DE PALENCIA