Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.392

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa base común 7.1 da Orde do 28 de febreiro de 2003 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional, e outros, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación cómpre darlle publicidade.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día 26 de xuño de 2003, as puntuacións provisionais dos baremos dos corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional establecidos na Orde do 28 de febreiro de 2003.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal