Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.392

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxías da información, convocado pola Orde do 20 de decembro de 2002, pola que se anulan preguntas, todas elas pertencentes ó primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 20 de xuño de 2003, o tribunal designado pola Orde do 21 de marzo de 2003 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxías da información, acordou:

Anula-las preguntas 13, 14, 34, 66, 134 con base nas reclamacións presentadas polos aspirantes e ratificarse na anulación da 147 de oficio.

Así mesmo acórdase publica-lo cadro de respostas correctas na Internet.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

Álvaro Manuel Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal