Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.392

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

ORDE do 18 de xuño de 2003 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Emigración.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, reformada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no

uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Emigración, rúa Basquiños nº 2, 15704 Santiago de Compostela ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-los postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde, un/ha funcionario/a con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no DOG, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderán, de considerarse oportuno, declararse desertos os postos de traballo.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no DOG, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á comunidade autónoma, co límite dos dous meses ó que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo

de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Emigración, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá impugnala directamente, á súa elección, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración

ANEXO I

Código do posto: EM.C05.00.001.15770.006.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Acollida Básica e Axudas.

Grupo: AB.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Tipo de posto: S.

Complemento específico: 11.082,96 euros.

Código de adscrición ás administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego) (R.I.).

Dependencia: Dirección Xeral de Apoio á Inmigración.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Código do posto: EM.C05.00.001.15770.021.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Atención e Orientación ós Inmigrantes.

Grupo: AB.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Tipo de posto: S.

Complemento específico: 11.082,96 euros.

Código de adscrición ás administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego) (R.I.).

Dependencia: Dirección Xeral de Apoio á Inmigración.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).