Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: explotación da prestación do servicio municipal de axuda no fogar que se prestará a persoas que atravesan circunstancias especiais, tales como limitación da súa autonomía persoal ou desintegración familiar.

Tipo de licitación: establécese un tipo de licitación de 11,15 euros/hora, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de dous anos que se contará a partir do día da súa formalización. Este prazo poderá prorrogarse ata un máximo de catro anos.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Tfno.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto homónimo do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12.00 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde