Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a prestación do servicio de control, vixilancia e limpeza do campo de fútbol das Cancelas e do pavillón polideportivo Lorenzo de la Torre así como a contratación dun número máximo de 750 horas no ano para cubri-los mesmos servicios en calquera outra instalación deportiva municipal.

Tipo de licitación: será como máximo de 62.039 euros, IVE incluído, para os servicios prestados no campo de fútbol das Cancelas e pavillón Lorenzo de la Torre. Para os servicios noutras instalacións establécese un prezo de 9,5 euros/hora en días laborables e 13 euros en festivos e nocturnos a partir das 22 horas.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración dun ano, prorrogable por mutuo acordo das partes, sen que a duración total do período inicial e das prórrogas poida exceder de catro anos.

Forma de adxudicación: concurso, por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9.00 a 14.00, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información e documentación: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela. Telf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto do mesmo nome do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12.00 horas o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde