A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día doce de maio de dous mil tres, acordou prestar aprobación, con carácter definitivo, á proposta -instada a iniciativa particular pola entidade mercantil Soinga Hogar Futura, Sociedad Limitadade modificación da delimitación da unidade de actuación número 4 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, e sita entre as rúas avda. da Coruña, rúa Juan Manuel Pintos, rúa Fernández Cochón e vía de nova apertura, coa finalidade de excluír do seu ámbito 31,63 m de parcela sito no nº 48 da avda. da Coruña, e posibilita-la edificación asistemática desta, ó invadi-la delimitación da unidade o fondo edificatorio establecido no Plan Xeral de Ordenación Urbana para o rueiro 31, fundamentándose esta modificación nun proxecto técnico subscrito polo arquitecto Manuel Abilleira Argibay, visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data 9-4-2002 e planos nº 2 e 3 da mesma autoría con data de visado
colexial 26-6-2002, que anulan e substitúen os seus correlativos do presente, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.
O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación ou publicación no DOG, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte o establecido nos artigos 10.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Pontevedra, 21 de maio de 2003.
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo
e Medio Ambiente
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral