Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-152/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona a resolución dictada no expediente con data do 22-4-2003, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 20 de maio de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-152/2002-PO.

Denunciado: Bernardino Castro Gómez.

Último enderezo coñecido: A Serra, nº 16-Salceda de Caselas.

Feito denunciado: carecer do certificado de desinfección do vehículo.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 52.2º do Decreto do 4-2-1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción: 300 euros.