Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador SAN-PO-57/2003-BA.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a José María Muíños Mayoral e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Concédeselle ó interesado un prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente así como formula-las alegacións que considere axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora aprobado, polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 20 de maio de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: SAN-PO-57/2003-BA.

Denunciado: Antonio Romero Rey.

Último enderezo coñecido: Camiño da Regueira, s/n-Fontecarmoa-Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: posuír unha res en mal estado na corte da súa propiedade.

Data do acordo de incoación: 8-5-2003.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 3 do Real decreto 348/2000, do 10 de marzo.

Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción: 600 euros.