Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.248

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (123/2003).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 123/2003, por instancia de Alfonso Abruñedo Pan contra Abruñedo y Fernández, S.L., sobre despedimento nos que recaeu sentencia, con data do 15-5-2003, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Alfonso Abruñedo Pan contra Abruñedo y Fernández, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante e, así mesmo, extinguida a relación laboral que unía os litigantes no día de hoxe, condenando a demandada a estar e pasar pola anterior declaración e o aboamento da cantidade de 341,21 euros en concepto de indemnización e os salarios deixados de percibir desde a data de despedimento ata esta resolución, que ascenden á suma de 3.268,14 euros.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no plazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparencencia ou por escrito, é

indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, si é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta aberta no Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. y Banco de Victoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0123 03, a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0123 03 e entrega-lo xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primera instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Abruñedo y Fernández, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 26 de maio de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado