Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.248

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

AUTO (24/2002).

A Coruña, dez de xaneiro de dous mil tres.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída polas maxistradas María del Car-

men Taboada Caseiro, presidenta, María José Pérez Pena e María Dolores Fernández Galiño, maxistradas.

Feitos.

Primeiro.-Qeu o procurador Sr. Sánchez García, en representación de María del Carmen Pérez García, con data do 18 de decembro pasado, presentou escrito solicitando a aclaración da sentencia nº 416, dictada pola Sección Segunda desta audiencia provincial con data do 13 de novembro de 2002, na peza de apelación nº 24/2002 procedente do Xulgado de Primeira Instancia número cinco 5 da Coruña, nos termos que no propio escrito se indica.

Parte dispositiva.

A sala acorda aclara-la sentencia dictada por esta sección con data do 13 de novembro de 2002, no sentido de que no fundamento xurídico terceiro, en lugar de se referir á Sra. Lago Maneiro, debe dicir Sra. Pérez García, e na súa parte dispositiva engadir, polo que se refire ás custas causadas, en primeira instancia, que non cabe realizar unha expresa imposición destas, pero unicamente referidas ás causadas pola intervención das demandadas que resultaron absoltas.

Así, por este auto, acórdano, mándano a asínano as maxistradas anteriormente expresadas, do que eu, secretario, dou fe.

E para que conste, expido e asino esta auto na Coruña o dezasete de xaneiro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado