Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 17 de xuño de 2003 pola que se resolve a cesión de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), para misións de protección civil.

Por Orde do 13 de marzo de 2003 (DOG nº 61, do 27 de marzo), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), para misións de protección civil.

Visto o informe técnico emitido polo servicios provinciais de protección civil e a proposta de resolución da Comisión Avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde de 13 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, a cesión en propiedade de material para o Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), ós concellos da provincia da Coruña: Ares, Arzúa, Boiro, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, A Coruña, Dumbría, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Muros, Muxía, Noia, Oleiros, Ortigueira, Outes, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Sada e Valdoviño; da provincia de Lugo: Barreiros, Burela, Cervo, Chantada, Foz, Ribadeo, O Vicedo, Viveiro e Xove; da provincia de Ourense: A Veiga, Avión, O Carballiño, Coles, Muíños, Ourense, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía; e da provincia de Pontevedra: A Guarda, Agolada, Bueu, Cambados, Cangas, Catoira, Marín, Mondariz, O Grove, Poio, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui,

Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, Vigo e Vilagarcía.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizará mediante acta na que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local