Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 284/2003, do 4 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto número 244, Plan Operativo Local 2002 Cervo-acceso ó parque empresarial, punto quilométrico 0 ó 0,70 (concello de Cervo).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día vinteún de xuño de dous mil dous,

aprobou o proxecto nº 244, Plan Operativo Local 2002 Cervo-acceso ó parque empresarial, punto quilométrico 0 ó 0,70 e, na sesión do vinteseis de agosto de dous mil dous, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día catorce de maio de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala a deputación, a actuación é necesaria para poder dotar dun acceso ó parque empresarial, que reúna unhas mínimas condicións de seguridade, que se ven agravadas ó estar situado nunha zona de gran densidade de vehículos e contar cun acceso actual inadecuado, polo que se fai necesaria a actuación para conseguir unha notable mellora sobre o actual acceso e poder acadar mellores condicións de seguridade, evitando así posibles accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto nº 244, Plan Operativo Local 2002 Cervo-acceso ó parque empresarial, punto quilométrico 0 ó 0,70.

Santiago de Compostela, catro de xuño de dous mil tres.

P.A.

José Antonio Orza Fernández

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local