Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.226

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 283/2003, do 4 de xuño, polo que se declarada a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto número 249, Plan Operativo Local 2002 Ourol-Ourol-Lobeiras, alargamento e mellora do punto quilométrico 10,49 ó 12 (concello de Ourol).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión do día vintetrés de agosto de dous mil dous, aprobou o proxecto nº 249, Plan Operativo Local 2002 Ourol-Ourol-Lobeiras, alargamento e mellora do punto quilométrico 10,49 ó 12 e, na sesión do trinta de setembro de dous mil dous, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día trinta de decembro de dous mil dous.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada

no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día nove de decembro de dous mil dous.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a estrada provincial Ourol-Lobeiras serve de nexo de unión con diversas parroquias do municipio de Ourol e cos concellos límitrofes de Viveiro e Muras, polo que ó tratarse dunha comarca densamente poboada o tráfico é moi intenso, ó que hai que engadi-la circulación de vehículos pesados ó ser unha zona de gran riqueza forestal, polo que se fan imprescindibles as reformas do trazado para conseguir unha maior seguridade vial no tráfico habitual.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, é declarada a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto nº 249, Plan Operativo Local 2002 Ourol-Ourol-Lobeiras, alargamento e mellora punto quilométrico 10,49 ó 12.

Santiago de Compostela, catro de xuño de dous mil tres.

P.A.

José Antonio Orza Fernández

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local