Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2003 pola que se resolve a convocatoria de libre designación (1/2003) entre funcionarios para prover postos vacantes nesta corporación.

De conformidade co establecido na convocatoria de libre designación (1/2003) entre funcionarios para provisión dun posto de traballo, publicada no Diario Oficial de Galicia nº47, do 7 de marzo de 2003.

Resultando que se presentaron dentro do prazo sinalado nas bases de convocatoria varias solicitudes para cubri-lo posto de que se trata, xefe do Servicio de Organización, Calidade e Modernización.

Considerando que tódolos aspirantes reúnen as condicións indispensables para acceder ó posto, segundo as características del, sinaladas no anexo I da convocatoria.

Considerando que da documentación presentada polos aspirantes e da valoración conxunta e ponderada dos méritos alegados e documentados por cada un deles, se desprende que a maior adecuación ó posto a presenta o aspirante que logo se dirá, por concorrer nel simultaneamente unha ampla e diversificada titulación profesional, tanto específica das funcións do posto, como relativa ás áreas de organización, sistemas de calidade, auditoría interna e novas tecnoloxías, á rama administrativa e ás funcións directivas; ampla experiencia nos distintos niveis das Administración local; formación acreditada nos diversos sectores de actuación das entidades locais e especialmente nos relacionados coas funcións do posto que se vai cubrir a través da convocatoria; circunstancias que o fan especialmente idóneo para asumir postos de carácter directivo e de responsabilidade e, en concreto, o posto obxecto da convocatoria, con preferencia sobre os demais candidatos; constituíndo todo o exposto causa

razoable e suficiente, axustada ó interese propio e congruente coa finalidade do nomeamento, para efectualo a favor de tal aspirante.

Designa-lo funcionario que de seguido se expresa, para cubri-lo posto que así mesmo se indica, polo sistema de libre designación na convocatoria de que deixa feito mérito:

Posto de traballo: xefe de servicio.

Adscrición: Servicio de Organización, Calidade e Modernización.

Apelidos, nome e DNI: Martínez Loira, Jesús Ángel; 52495369-P.

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días, a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Presidencia desta deputación, nos termos e prazos sinalados na Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 19 de maio de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña