Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Concello de Vilalba, na súa sesión da Comisión de Goberno do 10-6-2003, aprobou as bases que han rexe-la convocatoria do certame literario do Concello de Vilalba, para o ano 2003, na súa XXIX edición, resumidas en dous premios de 3.000 e 900 A nas modalidades de narrativa e poesía, respectivamente, en lingua galega.

Os interesados en participar no certame deberán dirixi-los seus traballos ó Concello de Vilalba antes das 12.00 horas do día 24 de xullo de 2003 e poderán

pedi-las bases nas oficinas municipais directamente ou por correo.

Vilalba, 13 de xuño de 2003.

O alcalde en funcións

Rubricado