Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba.

2. Obxecto do contrato: obras de acondicionamento da área da Charca do Alligal en Codesido.

3. Orzamento: incluído o IVE, 156.263,15 euros.

4. Prazo de execución: tres meses.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Información: Secretaría do Concello de Vilalba.

7. Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

8. Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

9. Presentación de ofertas: trece (13) días naturais, desde o seguinte ó da publicación deste extracto no DOG.

10. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, ou por correo.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 133, do 12 de xuño de 2003.

Vilalba, 17 de xuño de 2003.

Agustín Baamonde Díaz

Alcalde en funcións