Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación dos servicios de organización e coordinación dun campus de baloncesto 2003. (Expediente 4968/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación dos servicios de organización e coordinación dun campus de baloncesto 2003.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: este contrato deberá executarse preferentemente de xullo a setembro e como máximo ata o 31 de decembro de 2003.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento total do contrato ascende á cantidade de 70.000 euros IVE incluido.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 12 de xuño de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña