Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 16 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2003/058-5 tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 22-3-1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo), publícase:

1º Expediente de reintegro: FM Reint. 2003/058-5.

Expediente de xestión: FM 342B 1999/4582-5.

Orde da convocatoria: 22-3-1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo).

Interesado: Hair Care Systeme, S.L.

Enderezo: Avda. Hispanidad, 81-2º 36203 Vigo (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Acordo:

Revisado o seu expediente de conformidade coas facultades de control, avaliación e seguimento que corresponden á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais segundo a disposición adicional primeira da Orde do 22 de marzo de 1999 (DOG do 31 de marzo) pola que se regulan os programas de fomento da contratación por conta allea na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 1999, en relación con Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

E comprobada a extinción da relación laboral dos traballadores Mª Jesús Martínez Sánchez (78734942-P) con data 21-11-2000 e Casiano González Míguez (76903335-Y) con data 4-1-2001, sen que conste a súa substitución nas condicións esixidas polo artigo 25 da dita Orde do 22 de marzo de 1999 (DOG do 31 de marzo).

ACORDO:

Primeiro.-Iniciar, en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), o procedemento de reintegro da subvención de 4.207,08 A (700.000 pesetas) concedida na Resolución do 4-5-2000 pola contratación indefinida de Mª Jesús Martínez Sánchez (78734942-P) e Casiano González Míguez (76903335-Y).

Segundo.-O reintegro voluntario polo interesado ante o órgano competente da Consellería de Economía e Facenda, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte a resolución pola que se declare a dita circunstancia, de acordo co establecido no artigo 20.5º e 20.6º, do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Terceiro.-Dar trámite de audiencia ó interesado, concedendo a Hair Care Systeme, S.l., un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que coide pertinentes.

Vigo, 11 de marzo de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego, da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 16 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra