Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 14 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 10/2003, incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa prác

tica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Cnes. Álvarez Prol, S.L.

Domicilio/localidade: Sineiro, 12 O Grove.

Número expediente: 10/2003 1598/2002(AI).

Data resolución delegación provincial: 9-4-2003.

Preceptos infrinxidos: artigo 3.a), parte C, anexo IV, en relación co artigo 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigo 5.2º, 12.16.f), 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 1.502,54 euros.

Fáiselle saber ós interesados que poden formular recurso de alzada, perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de facenda correspondente.

Vigo, 14 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra