Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 16 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2003/092-5 tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Ley 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expediente de reintegro: FM Reint. 2003/092-5.

Expediente de xestión: FM 342B 2000/3328-5.

Orde da convocatoria: 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Gacetas Locales de Galicia y León, S.L.

Enderezo: Nicaragua, 37-Entrechán 36204 Vigo (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Acordo:

Revisado o seu expediente de conformidade coas facultades de control, avaliación e seguimento que corresponden á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais segundo a disposición adicional primeira da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se regulan os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

E comprobada a extinción da relación laboral das traballadoras María Fernández Vázquez (36127417-Y) e Marcela Martín Saracho (35562701-D) con data 21-5-2002, sen que conste a súa substitución nas condicións esixidas pola base décima do anexo B da dita Orde de 13 de marzo do 2000 (DOG do 27 de marzo)

ACORDO:

Primeiro.-Iniciar, en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), o procedemento de reintegro da subvención de 7.212,15 A (1.200.000 ptas.) concedida na resolución do 17-1-2001 pola contratación indefinida de María Fernández Vázquez (36127417-Y) e Marcela Martín Saracho (35562701-D).

Segundo.-O reintegro voluntario polo interesado ante o órgano competente da Consellería de Economía e Facenda, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte a resolución pola que se declare a dita circunstancia, de acordo co establecido no artigo 20.5º e 20.6º, do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Terceiro.-Dar trámite de audiencia ó interesado, concedendo a Gacetas Locales de Galicia y León, S.L., un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que coide pertinentes.

Vigo, 14 de abril de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Empregom da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 16 de maio de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra