Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 28 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 27/2003, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data 9 de maio de 2003, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 27/2003 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Jobejocar Restauradores y Hosteleros, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Jobejocar Restauradores y Hosteleros, S.L. o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa avda. de Zamora, nº 13, Ourense e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 28 de maio de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

1. Expediente sancionador nº 27/2003.

Denunciado: Jobejocar Restauradores y Hosteleros, S.L.

CIF: B-32234971.

Último enderezo coñecido: Finca Bamio, nº 13-Mende-32950 de Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1.1º.c do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigos: 3º.3, 3º.5, 3º.6, 6º.2, 6º.3, 7º.3, e 10º do Real Decreto 3484/2000, do 29 de decembro: que establece as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas; artigo 3º do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, sobre normas de hixiene relativas ós productos alimentarios.

Tipificación: art. 5º en relación co 3º e 4º do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 36.1º.a da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción proposta: 300,00 euros (trescentos euros).