Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto, polo trámite de urxencia, dun servicio de instalación de sistema de regulación, control e xestión das instalacións técnicas do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicataria: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 66 17. Fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de instalación de sistema de regulación, control e xestión das instalacións técnicas do Centro Galego de Arte Contemporánea.

3. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento total: noventa e oito mil setecentos tres euros con vintecatro céntimos. (98.703,24 euros).

b) Aplicación orzamentaria: 10.03.353A.623.1.

4. Prazo de execución.

Tres meses.

5. Fianzas.

Provisional: mil novecentos setenta e catro euros con seis céntimos (1.974,06 euros).

Definitiva: catro por cento do importe da adxudicación definitiva.

6. Clasificación do contratista: categoría A, grupo P, subgrupo 3.

7. Presentación de propostas.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso. 15711 Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o décimo terceiro día natural, ás catorce horas. Se o último día fose inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en dous sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición:

O que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e no seguinte enderezo da rede Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2666

11. Apertura de proposicións.

Terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ás 12.00 horas o sexto día seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados. Se este día fose inhábil procederase á apertura das proposicións o día hábil seguinte.

12. Anuncios.

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2003.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural