Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 7 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 6036.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Lugo fai saber que Sondeos y Estudios Mineros, S.L., con domicilio en Granja las Piedras, 13-2º, 24400 Ponferrada (León), presentou nesta delegación provincial o día 20 de maio de 2002 instancia-solicitude do permiso de investigación Portas, de 6 cuadrículas mineiras para recursos da sección C, metais base, etc., que se sitúa no concello de Ribas de Sil, na provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 6036 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 16' 40"42º 26' 00"
2-7º 15' 40"42º 26' 00"
3-7º 15' 40"42º 25' 20"
4-7º 16' 40"42º 25' 20"

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público a fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 7 de marzo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO