Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 7 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 6035.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo, fai saber que Sondeos y Perforaciones Industriales del Bierzo, S.A., con domicilio no parque industrial del Bierzo Alto, 24318 San Román de Bembibre (León), presentou nesta delegación provincial o día 20 de maio de 2002 instancia-solicitude do permiso de investigación Trives, de 7 cuadrículas mineiras para recursos da sección C, metais base, etc., que se sitúa nos concellos de Ribas de Sil, na provincia de Lugo, e Río, na provincia de Ourense, á que lle correspondeu o número 6035 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 15' 40"42º 25' 40"
2-7º 15' 20"42º 25' 40"
3-7º 15' 20"42º 24' 40"
4-7º 16' 20"42º 24' 40"
5-7º 16' 20"42º 25' 20"
6-7º 15' 40"42º 25' 20"

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público a fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 7 de marzo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo