Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.157

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (142/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 142/2003, a instancia de María Carmen Rodríguez Silveira e outras, contra Quelrus, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 12 de maio de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por María Carmen Rodríguez Silveira, Lucinda Vázquez Mariño, Casilda Mecías Castro e María Carmen Recouso Martínez, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Quelrus, S.L. que á súa elección, a efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou lles indemnice coa cantidade de 3.777,762 euros a María Carmen Rodríguez Silveira, 3.143,93 euros a Lucinda Vázquez Mariño 4.766,21 euros a Casilda

Mecías Castro e 9.365,67 euros María Carmen Recouso Martínez, así como a aboarlles en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 2.194,83 euros, Sra. Rodríguez Silveira, 2.498,13 euros a Sra. Vázquez Mariño, 2.498,13 euros a Sra. Mecías Castor e 2.873,62 euros a Sra. Recouso Martínez.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acredita-lo ingreso na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0142/03 de Banesto desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que a mesma prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Quelrus, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 27 de maio de 2003.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial