Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 50/2003, por instancia de Marta María Arnaiz Fonte e outros, contra
a empresa W.S.I. A Coruña, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 12 de maio de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:
«Que estimando a demanda formulada por Marta María Arnaiz Fonte, Raquel Iglesias Rumbo, Antonia Rivas Otero e Manuel María Méndez López, contra a empresa W.S.I. Coruña, S.L. condeno a mesma a aboarlles as cantidades a Marta María Arnaiz Fonte 1306,56 euros, Raquel Iglesias Rumbo 1.685,35 euros, Antonia Rivas Otero 1.970,56 euros e Manuel Méndez López 8.750,76 que lles debe en concepto de salarios.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.
Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acredita-lo ingreso na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0050.03 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.
Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgándoo pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa W.S.I. Coruña, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 27 de maio de 2003.
Juan Rey Pita
Secretario xudicial