Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.156

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (901/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 901/2002, por instancia de Constantino Iglesias Martínez, contra a Pesquerías Mar-Rey, S.L. e outros sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 23 de maio de 2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Constantino Iglesias Martínez, contra as empresas Pesquerías Mar-Rey, S.L., Gabriel García Villanueva e Rodrigo Iván García Reino condeno a estos solidariamente a aboarlle a cantidade de 5.700,24 euros, que lle deben en concepto de salarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acredita-lo ingreso na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0901.02 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgándoo pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste,para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de lles que sirva de notificación en forma ás empresas Pesquerías Mar-Rey, S.L., Gabriel García Villanueva e Rodrigo Iván García Reino, expido e asino este edicto na Coruña o 27 de maio de 2003.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial