Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.156

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (905/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 905/2002, por instancia de Joaquín Iglesias Santamaría contra Confecciones Bagoa, S.A., e outro sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 20 de maio de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Joaquín Iglesias Santamaría, condeno á empresa Confecciones Bagoa, S.A. a aboarlle ó demandante a cantidade de 7.883,72, absolvendo ó Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acredita-lo ingreso na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0905.02 de Banesto desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgándoo pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva

de notificación en forma á empresa Confecciones Bagoa, S.A., expido e asino este edicto na Coruña o 22 de maio de 2003.

Juan Rey Pita

Secretario xudicial