Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.054

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-5-2003, subscrito pola comisión paritaria de interpretación do devandito convenio o día 25-3-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da sinatura de revisión de táboas salariais para o ano 2002 do convenio provincial de oficinas e despachos da Coruña

Asistentes:

-Representación empresarial.

Isidro Pousada Vales.

Jesús Vázquez Vázquez.

José Ramón Briones Varela.

-CIG.

José M. Cambón Ares.

-CC.OO.

Juana Estébanez Cepedal.

Na Coruña, ás 12.00 horas do día 25 de marzo de 2003, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña, para os efectos de proceder á sinatura da revisión das táboas de niveis salariais para o ano 2002.

Ámbalas partes acordan asina-la revisión da táboa de niveis salariais correspondentes a 2002 actualizada co IPC real a 31-12-2002, mailo 0,50%, segundo establece o artigo 13 do convenio colectivo en vigor.

Sendo de conformidade das partes as táboas salariais anexas, procédese á sinatura por parte de tódolos asistentes.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo ás 13.00 horas do día arriba indicado.

Táboa de niveis salariais actualizada para

o ano 2002

NiveisEuros/mesEuros/ano

11.060,1814.842,52

2956,9113.396,74

3943,2213.205,08

4913,7512.792,50

5855,7411.980,36

6837,7811.728,92

7797,9111.170,74

8768,2810.755,92

9736,7910.315,06

10725,1210.151,68

11708,199.914,66

12695,549.737,56

13488,056.832,70