Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.005

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (914/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xuzgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 914/2002, seguidos por instancia de Manuel Dasilva Boullosa contra Gesvaria, S.L., sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data 16 de maio de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Manuel Dasilva Boullosa, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.191,46 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno a empresa Gesvaria, S.L. a que, estando pasando por tal declaración, abone ó demandante a cantidade de 2.191,46 euros en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no art. 33 do E.T.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás cales se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo ó seu avogado ou representante legal designado para o efecto, ante este xulgado, no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Gesvaria, S.L. e ós seus representantes legais, Jaime Domínguez González e Humberto Domínguez González, que tiveron o seu último domicilio coñecido en r/ Juan Carlos I, nº 7, 3ºB, Vilagarcía de Arousa, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado