Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación de sentencia

(548/2001). Eu, Ana María Navarro Gómez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fago saber que no dito tribunal se tramita procedemento ordinario 548/2001, por instancia de Sodiga, S.A., contra Emilio A. Maffezini, S.A., no que por resolución desta data se acordou notifica-la sentencia dictada ó demandado rebelde e con domicilio descoñecido Emilio A. Maffezini, co encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.

En Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 2003.

Amelia María Cortizo Moure, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo ordinario 548/2001, que versa sobre reclamación de cantidade promovidos polo procurador Sr. Regueiro Muñoz en nome e representación da entidade Sodiga, S.A., baixo a asistencia letrada do Sr. Piñeiro Nogueira contra Emilio A. Maffezini en situación de rebeldía.

Decido que con estimación da demanda presentada polo procurador Sr. Regueiro Muñoz, en nome e representación da entidade Sodiga, S.A., contra a sociedade Emilio Maffezini, S.A., debo condenar e condeno a citada demandada a que faga efectiva á entidade demandante a cantidade de 396.732,34 euros (66.010.708 pesetas) con aplicación do xuro legal correspondente.

As custas impóñense á demandada.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días na forma e polo procedemento previsto nos artigos 457 e ss. da NLAC.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma ó antes mencionado, libro e expido este edicto, para a súa

inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Dado en Santiago de Compostela o dezaseis de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado