Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.926

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 01/193 de profesor titular de escola universitaria convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Coordinación Universitaria os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 01/193 de profesor titular de escola universitaria desta universidade, convocado por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), comisión que se cita como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 26 de maio de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: fisioterapia.

Praza nº: 01/193.

Comisión titular:

Presidenta: Medina Sánchez, María, catedrática de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Secretaria: González Doniz, Mª Luz, profesora titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Calvo Arenillas, José Ignacio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

Galán Brotóns, Antonio de P., profesor titular de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Gallego Izquierdo, Tomás, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Alcalá de Henares.

Comision suplente:

Presidente: Servera Pieras, Emilio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Secretario: Fernández Cervantes, Ramón, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Jolín Sánchez, Tomás, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Fernández Martín, Fernando, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Málaga.

Fernández Rodríguez, José Manuel, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Castilla-La Mancha.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA