Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.924

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se declara rematada a oposición e se abre prazo do concurso da fase de selección, de diversas categorías do proceso extraordinario de consolidación de emprego do Servicio Galego de Saúde.

O punto 9 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia un acordo coas puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes nos exercicios da oposición. Para este efecto, a estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas nesta publicación.

Así mesmo, na segunda parte, concurso, da citada base sétima establece que ese acordo do tribunal declarará rematada a oposición e abrirá un prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte a esta publicación para que os aspirantes que superaron a oposición presenten ante o tribunal a documentación oportuna.

Polo tanto, adoptado acordo polos respectivos tribunais, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar rematada a parte de oposición da fase de selección do proceso extraordinario de

consolidación de emprego, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), elevando a definitivas as puntuacións obtidas polos aspirantes nos exercicios da oposición realizados os pasados días 23 de febreiro de 2003, 23 de marzo de 2003 e 6 de abril de 2003, que poden consultarse nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas ou na súa páxina web (www.sergas.es).

Segundo.-Desestimar expresamente aquelas reclamacións presentadas contra a nota obtida, que non modifiquen nestas listaxes definitivas a nota inicialmente exposta.

Terceiro.-Abri-lo prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte a esta publicación para que os aspirantes que superaron a oposición presenten ante o tribunal os seguintes documentos:

I. Fotocopia compulsada dos títulos académicos e certificacións esixidos para a súa participación nestas probas selectivas.

Deberá presentarse copia traducida por traductor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

II. Autovaloración dos méritos que o aspirante considera valorables de conformidade co baremo de méritos. En ningún caso esta autovaloración vinculará o tribunal, tendo un carácter meramente orientativo.

Para reflectila, utilizarase o modelo que figura como anexo nesta resolución e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

III. Documentación orixinal ou fotocopias compulsadas acreditativas dos méritos alegados.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira das citadas convocatorias.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde