De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.
Segundo.-Poderán concorrer a eles os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.
Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino noutra Admi
nistración ou que estea nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, requirirase informe favorable da Administración de orixe que, de non emitirse no prazo de 15 días naturais e tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, considerarase favorable. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.
Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2003.
María José Cimadevila Cea
Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego
e Relacións Laborais
ANEXO I
academ. destino
Denominación Código Nivel Complem. específico Gr. Corpo /escala Adscr. Adm. P. Titul.
Formac. específica Centro
Localidade
Servicio de Programas de Cooperación FA.C05.00.002.15770.010 28 11.082,96 AB Xeral A11 640 S.X. de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación Santiago de Compostela
Secretario/a do/a delegado/a AS.C99.10.000.27001.001 16 3.325,08 CD Xeral A11 001-641 Delegación Provincial de Lugo Lugo
Secretario/a provincial AS.C99.10.000.27001.100 28 11.082,96 AB Xeral A11 640 Delegación Provincial de Lugo Lugo
Xefe de Servicio de Xestión Económica AS.C99.10.000.27001.110 28 9.309,72 AB Xeral A11 640 Delegación Provincial de Lugo Lugo
Secretario/a do/a delegado/a AS.C99.10.000.36560.001 16 3.325,08 CD Xeral A11 001-641 Delegación Provincial de Vigo Vigo
academ. destino
Denominación Código Nivel Complem. específico Gr. Corpo /escala Adscr. Adm. P. Titul.
Formac. específica Centro
Localidade
Xefe de Servicio de Xestión Económica AS.C99.10.000.36560.110 28 9.309,72 AB Xeral A11 640 Delegación Provincial de Vigo Vigo
Xefe de Sección de Habilitación AS.C99.10.000.36560.111 24 6.871,56 ABC Xeral A11 640 Delegación Provincial de Vigo Vigo
Descrición códigos da adscrición a administracións públicas:
A11: Adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.
Galicia
Descrición códigos de formación específica:
001: mecanografía.
640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).
641: para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (requisito indispensable).
ANEXO II
NOTA: úsese o publicado nas páxinas 7.879 e 7.880.