Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(316/2003). Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño: en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 316/2003 por instancia de José Pardo Pedreira contra a empresa Air Morteros, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte:

«Sentencia. Na cidade da Coruña o 19 de maio de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 316/2003, seguidos por instancia de José Pardo Pedreira, maior de idade, asistido pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a empresa Air Morteros, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento, seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta por José Pardo Pedreira contra a empresa Air Morteros, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante, condenado á demandada a que, no prazo de cinco días contado desde a data da notificación da sentencia, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que tiña con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 119,67 euros, máis, en ámbolos casos, o aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende a 31,91 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en

concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 19 de maio de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA